Manuel Baltar asiste á inauguración do novo centro de saúde de Paderne de Allariz

Compartir

Ourense, 5 de abril de 2021.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu hoxe á inauguración do novo centro de saúde de Paderne de Allariz, acto que contou coa participación do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o alcalde de Paderne, José Manuel Fernández, e o conselleiro de Sanidade, Julio García, entre outros representantes institucionais. Baltar, quen percorreu xunto coas autoridades as novas instalacións sanitarias, agradece o apoio do goberno galego e do seu presidente "para seguir mellorando as infraestruturas e os servizos da sanidade ourensá".

Núñez Feijóo, destacou o compromiso coa sanidade do rural coa construción ou renovación na última década de 38 centros de saúde en concellos de menos de 5.000 habitantes, e lembrou que, co obxectivo de continuar coa aposta pola atención primaria, "a Xunta incrementou un 108 % as partidas nos orzamentos deste 2021 para este eido", ademais de garantir a construción ou renovación nesta lexislatura de 39 centros de saúde máis, dos cales 9 xa están executados.