Manuel Baltar xestiona en Barcelona un acordo para a celebración da Mobile Week Ourense
- Baltar e Carlos Grau asinaron hoxe en Barcelona un protocolo de colaboración para a organización deste prestixioso evento tecnolóxico para a cidadanía na provincia de Ourense.
- O Mobile Week ten como obxectivo ofrecer un espazo no que participar activamente dos cambios que traen as novidades tecnolóxicas, así como formar nas habilidades profesionais para o futuro.
- "É unha oportunidade, dentro do noso proxecto estratéxico "Provincia Intelixente", para seguir posicionando a "marca Ourense" no ámbito tecnolóxico", afirma Baltar.
Ourense, 22 de abril 2021.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o CEO da Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau, comezan hoxe a colaboración entre as dúas entidades para organizar na provincia de Ourense o "Mobile Week". O prestixioso evento tecnolóxico, no que cada ano debátese e reflexiónase sobre as tecnoloxías desde a tecnoloxía. A Mobile World Capital Barcelona é unha iniciativa que impulsa o avance dixital da sociedade e axuda a mellorar a vida das persoas a nivel global, acción na que se engloba a Mobile Week.
"É unha oportunidade histórica, dentro do noso proxecto estratéxico "Provincia Intelixente", arrancar este compromiso, para dar un gran paso que permita seguir posicionando a "marca Ourense" no eido tecnolóxico", afirmou Baltar ao remate da reunión, sinalando que a Deputación de Ourense, nos seus plans de mandato, "ven facendo unha aposta pola innovación e a tecnoloxía; somos unha institución que lidera a todos os gobernos provinciais de España en materia de transparencia e goberno aberto. Un exemplo dese ben facer é o proxecto "Provincia Intelixente", que se materializa no edificio do mesmo nome, onde ten actividade unha alta concentración de emprego tecnolóxico, a máis importante do territorio, iniciativa que levamos a cabo en colaboración coa fundación de Abanca".
"Seguimos innovando, manifesta Baltar, neste caso, co acordo acadado hoxe, que pode ter a duración de tres anos, para a celebración da "Mobile Week Ourense", o que necesariamente vai significar que a nosa provincia será o mellor foro de debate e escaparate para alta tecnoloxía e a innovación do noroeste peninsular, facendo participe a poboación". Durante unha semana desenvolveránse debates sobre vangarda, innovación e tendencias, ademais de acoller presentacións e relatorios, que relacionarán a este territorio coa tecnoloxía.
"É unha andaina que xa levamos percorrendo con industrias como as culturais e creativas, mediante o desenvolvemento de proxectos como a "Ourense ICC Week", e que seguirán formando parte do ADN desta institución", expresa Manuel Baltar, quen remarca que debemos "saudar e felicitarnos por conseguir a organización dun evento destas características; de lograr que poida levarse a cabo durante tres anos seguidos en Ourense, e sobre todo agradecer a Mobile World Capital Barcelona que unha organización de prestixio mundial para as empresas do ámbito tecnolóxico e dixital fixe en Ourense a sede deste evento durante tres anos, co que iso supón de imaxe e avance social. Para a Deputación aliarse con esta vangarda permitirá fortalecer a "marca Ourense" desde os puntos de vista da tecnoloxía, da innovación e do bo goberno. E ten que impulsar a Ponte Tecnolóxica Atlántico-Mediterráneo".
Ao remate da reunión, Carlos Grau e Manuel Baltar agasalláronse coas respectivas máscaras do Mobile World Capital e de Nós, amosando a concordancia plena nas propostas que analizaron no encontro.