Presentación da segunda edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Compartir

Ourense, 16 de abril de 2021.- O Pazo provincial acolleu a presentación da segunda edición do Trofeo de Kickboxing Ribeira Sacra, na especialidade de Tatami Sports, que se celebrará o próximo 20 de abril no pavillón municipal de Luíntra coa participación de máis dun cento de deportistas. Unha cita que non só dará visibilidade a esta modalidade deportiva "senón que tamén vai contribuír a promover o potencial turístico da Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da Unesco", sinalou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense e institución colaboradora. A presentación deste evento contou tamén coa presenza do alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente; o tenente alcalde, Raúl Soto; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; o director técnico da Federación Galega de Kickboxing, Cipri Gomes; e o presidente da Escola Deportiva Nogueira de Ramuín, departamento de Kickboxing e organizador, Rubén Batán.