Recepción a Rogelio Martínez, novo xerente de Expourense
Ourense, 26 de maio de 2021.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao novo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, a quen lle desexou "moitos éxitos na súa xestión" e amosoulle "a completa dispoñibilidade da Deputación para seguir colaborando co maior escaparate de Ourense, tanto no que se refire á súa versión feiral como deportiva, coa súa pista de atletismo, unha infraestrutura de primeiro nivel no noroeste peninsular", expresou o presidente.