Obxectivo dos plans por seca da Deputación: garantir o abastecemento e fomentar un uso eficiente da auga este verán
• O pleno da corporación provincial aprobou inicialmente as bases reguladoras do programa para a elaboración de plans de emerxencia por seca
• Tamén aprobou incoar o expediente para outorgar a Medalla de Ouro ao profesor José Paz e ditaminou outorgar a distinción de Fillo Adoptivo da Provincia ao cineasta José Luis Cuerda, en ambos casos a título póstumo
• Asemade, o pleno aprobou por unanimidade instar ao Goberno de España a modificar a concesión da AP-53; instar á Xunta a solicitar a transferencia da mesma a Galicia, e instar ao Goberno central a renunciar a calquera medida que implique sistemas de pago polo uso da rede de estradas do Estado, nomeadamente a implantación de peaxes nas autovías gratuítas
Ourense, 28 de maio de 2021.- O pleno ordinario da Deputación de Ourense, correspondente ao mes de maio, aprobou hoxe inicialmente as bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación para a elaboración de plans de emerxencia por seca, un programa de cooperación que ten como obxectivo a elaboración de plans de emerxencia por seca, destinado aos concellos da provincia de Ourense. Preténdese así que as entidades locais beneficiarias dispoñan dun instrumento básico de planificación para xestionar os posibles episodios de seca, de tal xeito que se garanta o abastecemento e se fomente o emprego eficiente dos recursos hídricos.
Asemade, o plenario aprobou incoar o expediente para o outorgamento da Medalla de Ouro da provincia de Ourense ao profesor José Paz Rodríguez e outorgar tamén a distinción honorífica de Fillo Adoptivo da Provincia de Ourense ao cineasta José Luis Cuerda, ámbalas dúas a título póstumo.
No ámbito de infraestruturas, o pleno aprobou por unanimidade instar ao Goberno de España a modificar a concesión da AP-53; instar á Xunta a solicitar a transferencia da mesma a Galicia, e instar ao Goberno central a renunciar a calquera medida que implique sistemas de pago polo uso da rede de estradas do Estado, nomeadamente a implantación de peaxes nas autovías gratuítas.
A totalidade dos acordos do pleno foron os seguintes:
Modificación do grupo provincial de Democracia Ourensana
1º. Tomar coñecemento do pase á condición de membro non adscrito do deputado provincial José Miguel Caride Domínguez.
2º. Tomar coñecemento da modificación do grupo provincial de Democracia Ourensana (DO) que pasa a estar integrado por un único deputado provincial.
3º. Modificar o acordo plenario de composición das comisións informativas provinciais, as cales pasan a ter 12 membros (5 PP, 3 PS de G-PSOE, 1 DO, 1 BNG e 2 non adscritos).
4º. Modificar a Base núm. 67 das de execución do Orzamento de 2021, relativo ás retribucións e indemnizacións dos membros da corporación no relativo ao persoal eventual ao servizo do grupo DO, que pasa a dispor unicamente de un administrativo (perde o asesor técnico).
Modificación das comisións informativas
Acordo:
Modificar a composición das comisión informativas permanentes, de tal xeito que cada comisión estará integrada polos seguintes representantes: 5 do Grupo Popular, 3 do Grupo Socialista, 1 de Democracia Ourensana, 1 do BNG e 2 non adscritos (Monserrat Lama e José Miguel Caride).
Modificación da base 67ª
Acordo:
1º.- Aprobar inicialmente a modificación da Base 67ª das de execución dos orzamentos provinciais para o exercicio 2021, con efectos do 1 de xuño de 2021, no seguinte sentido:
Letra d) Persoal eventual ao servizo dos grupos políticos: onde di O Grupo de Democracia Ourensana disporá dun asesor técnico e un administrativo, debe dicir, O Grupo de Democracia Ourensana disporá dun administrativo.
Modificación da relación de postos de traballo da Deputación
Acordo:
1º.- Aprobar inicialmente a modificación inicial da Relación de Postos de Traballo da Deputación Provincial, no seguinte sentido: Na Área de Presidencia, modifícanse as determinacións 2ª e 3ª no relativo ao persoal eventual. Engádese o seguinte posto de traballo:
2º) Gabinete de Presidencia: 1 administrativo de presidencia: persoal eventual, asimilado ao grupo C1. Nivel 19. Retribución bruta anual: 29.915,48 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.
Suprímese o seguinte posto de traballo:
3º) Persoal ao servizo dos grupos políticos: Grupo de Ciudadanos – Partido de la Ciudadanía: 1 administrativo de grupo político: persoal eventual, asimilado ao grupo C1. Nivel 19. Retribución bruta anual: 29.915,48 euros.
Xestión da taxa por depuración de augas residuais en Valdeorras
Acordo:
Aceptar a revogación parcial da delegación na Deputación Provincial de Ourense do exercicio das competencias asociadas á xestión tributaria da taxa por depuración de augas residuais dos municipios da Comarca de Valdeorras, mantendo a Deputación Provincial de Ourense as competencias en materia de recadación.
Modificación dos orzamentos do Inorde nº 2/2021
Acordo:
1º.- Aprobar inicialmente a modificación de créditos do orzamento do Inorde n.º 2/2021, co seguinte detalle:
Suplementos de crédito:
|
||||||||||||||||||||||||
Concesión de créditos extaordinarios:
|
|||||||||
Resumo:
|
Recursos utilizados:
|
Modificación das bases de execución dos orzamentos do Inorde nº3/2021
Acordo:
1º.- Aprobar inicialmente a modificación do orzamento do INORDE n.º 3/2021, co seguinte detalle:
|
|||||||||
Modificación das bases de execución do orzamento da Deputación de 2021
Acordo:
1º.- Aprobar inicialmente a modificación das bases de execución do orzamento xeral da Deputación Provincial de Ourense, co seguinte detalle:
Aprobar a modificación, no que se refire as seguintes variacións que non afectan cuantitativamente ao orzamento xeral do exercicio 2021:
450.12/762.01 "Cooperación provincial. A Concellos subvencións"
|
450.12/762.01 "Cooperación provincial. A Concellos subvencións"
|
334.20/479.00 "Actividades culturais e recreativas. Outras subvencións"
|
334.20/489.00 "Actividades culturais e recreativas. Outras transferencias"
|
450.12/762.01 " Cooperación provincial. A Concellos. Subvencións convenios"
|
450.12/762.01 "Cooperación provincial. A Concellos subvencións"
|
450.12/762.01 "Cooperación provincial. A Concellos subvencións"
|
450.12/762.01 "Cooperación provincial. A Concellos subvencións"
|
2º.- Aprobación do réxime de fiscalización e intervención limitada previa de requisitos básicos para o exercicio da función Interventora da Deputación Provincial de Ourense, o seu organismo autónomo e os Entes dependentes da mesma, modificando a Base 66ª "FUNCION FISCALIZADORA" das de execución dos orzamentos da Deputación engadindo o réxime de fiscalización e intervención limitada previa a aplicar pola Entidade . Esta base, neste acto, pasa a ser de VIXENCIA INDEFINIDA.
Réxime de control interno da Deputación de Ourense
Acordo:
1º.- Aprobar inicialmente o regulamento polo que que se desenvolve o réxime de control interno da Deputación de Ourense.
Constitúe o obxecto desta norma a regulación das funcións de control interno respecto da xestión económico-financeira e os actos con contido económico da Entidade Local, e os Organismos Autónomos Locais, Entidades Públicas Empresariais Locais, Sociedades Mercantís e fundacións dependentes, consorcios adscritos, fondos carentes de personalidade xurídica e entidades con ou sen personalidade xurídica con dotación maioritaria distinta das anteriores, en base aos preceptos sobre control e fiscalización contidos no capítulo IV correspondente o título V do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o Real Decreto 424/2017, ao de 28 de abril, polo que se regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do Sector Público Local. Conforman o sector público local da Deputación de Ourense: a propia Deputación; o organismo autónomo do Inorde, e as entidades UrbaOurense; Consorcio de Augas de Valdeorras; Consorcio provincial de Ourense para a prestación do servizo contra incendios e salvamento; e a Fundación Eduardo Blanco Amor.
Seguridade viaria na travesía de Bande
1º. Aprobar o convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Bande para a mellora da seguridade viaria na travesía de Bande.
Esta colaboración desenvolve a proposta formulada pola Dirección Xeral de Tráfico, que consistirá na mellora da seguridade viaria de interseccións; continuidade de itinerarios peonís interrompidos; redución da velocidade: estreitamentos de carrís, sobreanchos en beirarrúas, plataforma única nunha intersección; reordenación do aparcamento e mellora das paradas de autobús; mellora da accesibilidade e iluminación específica de pasos de peóns; nova capa de rodadura. O orzamento total, que inclúe o proxecto redactado pola Axencia Galega de Infraestruturas e os conceptos de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde, ascende a 726.205,70 euros.
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, asume o compromiso de financiar a execución das obras, a súa dirección e coordinación e saúde, destinando para iso ata un máximo de 363.102,85 euros, de acordo coa seguinte distribución: 127.085,98 euros no ano 2021; e 236.016,87 euros no ano 2022.
A Deputación de Ourense financiará a execución das obras, a súa dirección e coordinación e saúde, destinando para iso ata un máximo de 363.102,85 euros con cargo aos seus orzamentos, de acordo coa seguinte distribución: 127.085,98 euros no ano 2021; e 236.016,87 euros no ano 2022. Este convenio terá vixencia desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2022 e financiará os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2021.
Plans de emerxencia por seca
Acordo:
1º.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación para a elaboración de plans de emerxencia por seca, complementario das axudas concedidas por resolución do 28 de decembro de 2020, publicada no DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 2021. Constitúe o obxecto destas bases a regulación dun programa de cooperación para a elaboración de plans de emerxencia por seca, destinado exclusivamente ós concellos da provincia de Ourense relacionados no punto terceiro desta cláusula, co fin de complementar as axudas concedidas a aqueles con dita finalidade por Augas de Galicia mediante resolución do 28 de decembro de 2020, publicada no DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 2021. O obxectivo do programa é que as entidades locais beneficiarias dispoñan dun instrumento básico de planificación para xestionar os posibles episodios de seca, de tal xeito que se garanta o abastecemento á poboación e se fomente o emprego eficiente dos recursos hídricos.
Para ser subvencionables, os plans de emerxencia por seca deberán ter un contido acorde ó disposto no artigo 7 da Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan hidrolóxico nacional, nas demais disposicións legais e regulamentarias de aplicación e nos plans de seca das correspondentes demarcacións hidrográficas. En todo caso, o seu contido incluirá, como mínimo:
a) Unha descrición e un diagnóstico do sistema de abastecemento, con indicación dos recursos dispoñibles, as áreas de captación e as demandas de auga.
b) A determinación das zonas máis vulnerables en caso de seca e dos usos da auga máis relevantes desde o punto de vista económico e social, coa identificación da poboación, os condicionantes ambientais, os principais elementos do patrimonio natural e actividades estratéxicas que poderían verse afectados.
c) Un sistema de indicadores e escenarios coherente co recollido no correspondente plan de seca da súa demarcación hidrográfica.
d) As medidas de xestión a adoptar en cada un dos distintos escenarios incluídos.
e) A previsión dunha subministración alternativa ante situacións de escaseza temporal, razoable e proporcional ás concretas circunstancias que potencialmente se poidan producir nestas situacións e á súa duración.
f) As actuacións que se considere necesario executar para garantir o abastecemento á poboación durante un episodio de seca, incluídas as obras de captación e condución que sexan precisas.
Este programa desenvolverase mediante a concesión de subvencións ós concellos que seguidamente se relacionan, co fin de complementar o financiamento das actividades necesarias para acadar o obxectivo proposto: Cartelle, Castrelo de Miño, Cortegada, Gomesende, Larouco, Nogueira de Ramuín, Piñor, Parada de Sil, Pontedeva e Toén.
Medalla de Ouro da Provincia a José Paz
Acordo:
1º.- Incoar o expediente para o outorgamento da Medalla de Ouro da provincia de Ourense ao insigne profesor D. José Paz Rodríguez.
2º.- Designar ao deputado provincial e vicepresidente segundo D. César Manuel Fernández Gil como instrutor do expediente, conforme co que dispón o capítulo III do Regulamento de Honores e Distincións da Deputación de Ourense. O deputado instrutor actuará asistido polo asesor de presidencia D. Aurelio Gómez Villar, que actuará como secretario do expediente.
3º.- Solicitarlle á comisión informativa de Cultura, Deportes e Mocidade que ditamine favorablemente a ratificación por parte do Pleno da Deputación Provincial de Ourense da decisión de iniciar o dito expediente.
José Luis Cuerda, Fillo Adoptivo da provincia
Acordo:
Outorgarlle, a titulo póstumo, a distinción honorífica de Fillo Adoptivo da Provincia de Ourense ao cineasta José Luis Cuerda Martínez, de conformidade cos artigos 1, 7, 9, 10 e 11 do Regulamento de honores e distincións da Deputación de Ourense, e consonte coa proposta formulada pola instrutora do expediente.
Rebaixa das peaxes na autoestrada AP-53
Acordo:
1. Instar ao Goberno de España a aprobar, o máis axiña posible, un proxecto de Real Decreto de modificación da concesión da autoestrada de titularidade estatal AP-53, Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo, para bonificación de peaxes.
2. Instar á Xunta a solicitar, o máis axiña posible, a transferencia á comunidade autónoma, da titularidade da autoestrada AP-53 Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo, cumprindo así os acordos adoptados polo Parlamento de Galicia.
3. Instar ao Goberno central a renunciar a calquera medida que implique o establecemento de sistemas de pago polo uso da rede de estradas do Estado, nomeadamente a implantación de peaxes nas autovías que ata agora son gratuítas, pola súa negativa repercusión na competitividade das empresas e na economía das persoas que residen nun territorio periférico como a provincia de Ourense e a comunidade autónoma de Galicia, así como a maior inseguridade viaria que xeraría polo aumento do tráfico nas vías secundarias.
Letras Galegas 2022 en honra a Florencio Delgado Gurriarán
Acordo:
1. Que a Deputación Provincial de Ourense se sume á iniciativa promovida polo proxecto cultural As Letras de Florencio e apoie a candidatura do poeta valdeorrés, Florencio Delgado Gurriarán, para que lle sexa concedido, en 2022, o Día das Letras Galegas.
2. Que a Deputación Provincial de Ourense dea difusión, a través de todos os medios de difusión cos que conta a institución, á candidatura do poeta valdeorrés, Florencio Delgado Gurriarán, para que lle sexa concedido, en 2022, o Día das Letras Galegas.
3. Que a Deputación Provincial de Ourense traslade o seu apoio á candidatura do poeta valdeorrés, Florencio Delgado Gurriarán, para que lle sexa concedido, en 2022, o Día das Letras Galegas, á Real Academia Galega, para coñecemento e constancia de todos os seus membros.