O pleno da Deputación aproba iniciativas de infraestruturas viarias e enerxéticas
Ourense, 25 de xuño de 2021.- O pleno ordinario da Deputación de Ourense, correspondente ao mes de xuño aprobou hoxe entre os seus acordos iniciativas para a realización e mantemento de infraestruturas viarias e de abastecemento enerxético. En concreto, deuse luz verde ao convenio de colaboración para a execución das obras de "Senda peonil na Moreira, mellora de accesibilidade das vías municipais"; e tamén aprobouse a prórroga do convenio de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para contratar o servizo de explotación e mantemento e da subministración da enerxía eléctrica das instalación de abastecemento en alta Razamonde-San Trocado.
O plenario aprobou os seguintes acordos:
Aprobar as contas xerais da Deputación, do Inorde e dos consorcios contra Incendios e de Augas de Valdeorras:
Modificación orzamentaria do Consorcio Provincial contra Incendios
1º.- Aprobar inicialmente a modificación de créditos do orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do servizo contra incendios e de salvamento n.º 1/2021:
Suplementos de crédito. Gastos Correntes
|
Suplementos de crédito. Gastos de investimento
|
Crédito extraordinario. Gasto de investimento
|
Resumo
|
Recursos utilizados:
|
2º.- Detállase o destino dos suplementos de crédito desta modificación orzamentaria:
|
|
|
|
Modificación do orzamento 2021
450.12/762.01 "Cooperación provincial. A Concellos subvencións"
|
431.41/479.01 "Promoción comercial. Outras subvencións a consellos reguladores"
|
431.41/790.01 "Promoción comercial. Outras subvencións Cons. Monterrei"
|
Convenio para senda peonil en Xinzo de Limia
1º. Aprobar o convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia para a execución das obras de "Senda peonil na Moreira, mellora de accesibilidade das vías municipais". O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración para a execución das obras de creación dunha senda peonil e un carril bici no viario principal de conexión entre a vila de Xinzo e os campos de fútbol da Moreira e Carreira, segundo o proxecto do arquitecto municipal Rafael Nogueiras Mascareñas. O importe total das actuacións ascende a 350.599,07 euros, dos que a Secretaría Xeral para o Deporte financiará 67.307,63 (53.846,10 no presente ano e o resto no 2022). A Deputación de Ourense achegará 150.000 euros (120.000,00 nesta anualidade e o resto no 2022). Pola súa banda, o Concello de Xinzo de Limia destinará ás obras 133.291,44 euros (106.633,15 no presente ano e o resto no seguinte exercicio).
Prórroga do convenio para a subministración eléctrica Razamonde-San Trocado
Ratificar a prórroga do convenio (acordada por razóns de urxencia) entre a Deputación de Ourense e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para contratar o servizo de explotación e mantemento e da subministración da enerxía eléctrica das instalación de abastecemento en alta Razamonde-San Trocado, que se estenderá durante o tempo da vixencia do contrato realizado con GADESSA, que finaliza o 15 de marzo de 2023 (coa posibilidade de prórroga de dous anos).