Primeira reunión do comité executivo do Pacto Social de AquaOurense
Ourense, 12 de xullo de 2021.- O Comité Executivo do Pacto Social de AquaOurense celebrou esta mañá a súa primeira reunión na Deputación de Ourense, co obxectivo de avanzar nos contidos que recolle este documento, presentado o pasado 17 de xuño, para a recuperación económica e social da provincia.
Nesta primeira reunión constituíronse as mesas de traballo dos tres eixos que compoñen o Pacto Social: solidariedade, emprego e reconstrución verde. Ademais, estableceuse a periodicidade das convocatorias de cada unha destas mesas, que comezarán as súas sesións o próximo mes de setembro e reuniranse cada dous meses.
O Pacto Social promovido por AquaOurense, empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e Viaqua, ten como obxectivo dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da crise sanitaria e da crise climática, apostando pola solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde na provincia. O tecido empresarial e social de Ourense xogará un papel fundamental neste Pacto Social, a través da cooperación e o diálogo que se desenvolverá nas tres mesas de traballo.