Presentación do Informe Red Localis e do Observatorio Municipal Galego.

Compartir
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación de dous proxectos froito do convenio entre a Deputación de Ourense e o Grupo de Investigación GEN: o Informe Red Localis e o Observatorio Municipal Galego. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director do Grupo de Investigación GEN, Santiago Lago; e dos co-directores da Red Localis, Concepción Campos e Alberto Vaquero.