Aberta a matrícula do curso 2021-2022 da Escola Provincial de Danza da Deputación

Compartir

Ourense, 20 de setembro de 2021.- A Escola Provincial de Danza do CCP Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense xa ten aberto, desde o pasado 15 de setembro, o seu prazo de matrícula para o curso 2021-2022 que comezará o vindeiro 4 de outubro para as actividades de Baile, Pandeireta e Canto, Gaita para acompañamento de grupos de baile, así como o Obradoiro de Tecido Tradicional.

As clases, que estarán organizadas por grupos de acordo á idade e ao nivel do alumnado, terán lugar de luns a venres en horario de 17.30 a 21.00 horas, e poden participar todas as persoas maiores de 5 anos. Os interesados en participar deberán formalizar a súa matrícula, durante o mes de outubro ata cubrir as prazas dispoñibles, no local da Escola de Danza situado no Centro Comercial "As Lagoas", na praza Daniel González, pagar as taxas correspondentes e cubrir unha ficha cos datos persoais, acompañando unha fotografía.

Para máis información poden chamar ao teléfono 988317880 ou no correo electrónico ccpescoladanza@depourense.es