O Festival de Teatro de Ourense (FITO), Premio Rodolfo Prada 2021

Compartir

• Tamén foron galardoados o proxecto "Patrimoniogalego.net" e o festival "Carballo Interplay"

• Os premios entregáranse o vinderiro venres 15 de outubro dentro da Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense

Ourense, 9 de outubro de 2021.- O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) foi galardoado co Premio Rodolfo Prada á xestión cultural na edición 2021. Este festival celébrase cada outono na capital ourensá e despois de máis dunha década de actividade converteuse en todo un referente entre os principais eventos teatrais galegos. A edición número 14 desta cita coas artes escénicas, impulsada por Sarabela Teatro, celebrarase a partir do 14 de outubro.

Tamén resultaron premiados o proxecto "Patrimoniogalego.net" e o festival "Carballo Interplay". "Patrimoniogalego.net" é un proxecto social e participativo que leva máis de dez anos recopilando o patrimonio da nosa comunidade e conta xa con máis de 12.000 bens inventariados, unha wikipedia do patrimonio que permitirá ter información de todos os bens culturais de Galicia.

O "Carballo Interplay" foi pioneiro como festival de webseries e leva xa celabradas 8 edicións convertido nun dos festivais de contidos dixitais mais importantes do país, sempre atento as novas lenguaxes. Os seus contidos van máis aló da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades de internet como medio para a narración, o humor más transgresor, a non ficción, a cultura dixital, o patrimonio audiovisual dixital ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base.

Así mesmo o xurado decidiu conceder un Premio Especial ao creador ourensán Alfredo Iglesias, editor da coñecida revista "Coralia", recentemente falecido.

O premio Rodolfo Prada está dirixido a persoas, proxectos ou colectivos que desenvolvan iniciativas culturais vinculadas a Galicia e toma o seu nome do galeguista Rodolfo Prada, unha figura histórica da emigración galega en Bos Aires, onde chegou a ser o gran valedor de Castelao. Este premio realza ese compromiso que tivo Rodolfo Prada con Galicia desde a emigración, e recoñece a labor creativa que se desenvolve en Galicia nas artes, o audiovisual, as letras, a etnografía, a música ou o patrimonio, entre outras actividades. O galardón está dotado cunha aportación da Deputación de Ourense de 3.000, 2.000 ou 1.000 euros para os proxectos gañadores. Asemade, todos os premios irán acompañados nas tres modalidades dunha escultura conmemorativa do escultor ourensán Manuel Buciños e un diploma acreditativo do premio. O acto de entrega dos Premios Rodolfo Prada está programado para o vindeiro venres ás 19.00 horas no Centro Cultural Marcos Varcarcel de Ourense dentro da programación da ICC Week 2021.

Os proxectos gañadores desta edición foron decididos nunha reunion celebrada este sábado en Ourense na que estiveron presentes os membros do xurado no que participan a Diputación de Ourense, A Xunta de Galicia, e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.