Amencer celebra un pleno infantil na Deputación de Ourense
Ourense, 13 de novembro de 2021.- A Asociación Xuvenil Amencer visitou esta mañá o Pazo Provincial, onde un grupo de 25 escolares, acompañados por seis monitores, celebraron un pleno infantil logo de escoitar as explicacións que o vicepresidente, César Fernández, ofreceulles sobre o funcionamento da Deputación de Ourense como institución fundamental para o desenvolvemento da provincia e a prestación de servizos e cooperación cos concellos.