Recepción á directiva da Federación Galega de Hóckey

Compartir

Ourense, 11 de febreiro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Federación Galega de Hóckey, Alberto Estévez, e ao vogal Roberto Barata, dos que recibiu unha placa de agradecemento polo apoio da institucional provincial para a celebración en Ourense do Campionato de Europa de Hóckey Feminino, disputado a finais de xaneiro no pavillón dos Deportes Paco Paz.