A Deputación patrocina a XXIII Subida á Saleta

Compartir

Ourense, 4 de maio de 2022. - A deputada Patricia Torres participou esta mañá na presentación da XXIII Subida á Saleta, competición que recorrerá este fin de semana -días 7 e 8 de maio- os concellos do Carballiño e Boborás e que conta co patrocinio da Deputación de Ourense. Patricia Torres, deputada e alcaldesa de Boborás, resaltou na súa intervención a firme aposta do goberno provincial por colaborar neste tipo de eventos deportivos, "con grande afición e repercusión económica en toda a comarca".