A Deputación patrocina a final a 4 da Copa Galicia de Hockey Herba
Ourense, 9 de maio de 2022. - O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación da final a 4 da Copa Galicia de Hockey Herba, competición organizada pola Federación Galega de Hockey e que conta co patrocinio da Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e Consello Municipal de Deportes. A competición, en categoría senior masculina e feminina, celebrarase no campo de Mariñamansa o 14 e o 15 de maio.