Rosendo Fernández participou na apertura de Funergal

Compartir

Ourense, 19 de maio de 2022. - O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, interveu esta mañá na apertura da undécima edición da Feria Internacional de Productos y Servicios Funerarios, Funergal, que co apoio da institución provincial celebrarase hoxe e mañá en Expourense reunindo a 65 expositores de 8 países. Na presentación estiveron, entre outros, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, e o director-xerente de Expourense, Rogelio Martínez.