Luz Doporto acompañou á Asociación de Personas Sordas de Ourense no Día nacional das linguas de signos

Compartir

Ourense, 14 de xuño de 2022.- A deputada Luz Doporto visitou esta mañá  o posto informativo da Asociación de Personas Sordas de Ourense, situado hoxe na rúa do Paseo para conmemorar o Día nacional das Linguas de Signos. Durante a visita, na que Doporto estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, a deputada conversou con membros desta asociación, presidida por Martín Luis Becerra. 

Luz Doporto sinalou a importancia destes actos, "que deben axudar a dar visibilidade e concienciar á sociedade, especialmente no ámbito da educación que é onde debemos esforzarnos especialmente". Tamén recalcou a importancia da lingua de signos como medio de comunicación, xa que "para realizar calquera tipo de tarefa cotiá coma ir mercar, precisan dun intérprete". 

O Día nacional das Linguas de Signos celébrase dende 2014 para dar a coñecer a importancia da lingua de signos coma forma e medio de expresión, coa súa gramática propia.