O deputado Pablo Pérez participou na inauguración da exposición "Love Velo"
Ourense, 28 de xullo de 2022.- O deputado Pablo Pérez participou esta mañá en Celanova na presentación da exposición "Love Velo", unha mostra deseñada arredor do intelectual galeguista celanovés Xose "Pepe" Velo (1916-1971). Esta exposición está comisariada por Aser Álvarez e conta co apoio da Deputación, Xunta de Galicia e Concello de Celanova.
Na súa intervención, Pablo Pérez puxo en valor a importancia da memoria e recoñeceu o traballo do comisario da mostra na recuperación da figura de Pepe Velo. O deputado estivo acompañado na presentación de "Love Velo" polo alcalde de Celanova, Antonio Puga, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o parlamentario José Luis Ferro, o técnico de Cultura do Concello de Celanova, Antonio Piñeiro e o comisario da mostra, Aser Álvarez.