César Fernández participou na entrega de premios da primera edición da Arnoia Sup Challenge
Ourense, 31 de xullo de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou na entrega de premios da primeira edición da Arnoia Sup Challenge, competición organizada polo Concello de Arnoia coa colaboración do goberno provincial, e que contou cunha participación de máis dun centenar de deportistas procedentes de varios países, encabezados por referencias mundiais do paddle surf.
Bruno Hasulyo e Esperanza Barreras, ambios campións do mundo, foron os gañadores da categoría elite. A proba arrancou as 10,00 horas no pantalán da Arnoia, no Miño, coas saídas da categorías sub10, sub12, sub14 e afeccionado, precedendo a categoría absoluta. Ao remate da competición chegou a entrega de premios, na que ademais de César Fernández estiveron, entre outros, o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, edís da Corporación, o deputado Miguel Ángel Viso e o director xeral de Caldaria, Javier Soto. Despois comezaron as actividades paralelas dentro da Festa do Verán de Arnoia. A organización resalta que "os participantes e os seus acompañantes puideron gozar dos produtos da gastronomía local, como culminación dun inesquecible espectáculo".