.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do VII Torneo Internacional "Ourense a provincia termal" de Ximnasia Rítmica. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e da presidenta do Club Marusia, Pili Cobelas.