A deputada provincial Luz Doporto participa na clausura do Festival Internacional de Curtas de Comedias RIR de Allariz

Compartir

Allariz, 10 de setembro de 2022.- A deputada provincial Luz Doporto asistiu hoxe á clausura e entrega de premios da quinta edición do Festival Internacional de Curtas de Comedias RIR, acto que se celebrou na Casa da Cultura de Allariz. Antes do inicio da gala, Luz Doporto felicitou á organización por estes cinco días de cine, "nun evento no que colabora a Deputación de Ourense desde os seus inicios, no marco desa aposta do goberno provincial por promocionar o audiovisual galego, patrocinar a rodaxe de películas na provincia e organizar o Festival Internacional de Cine de Ourense".