A deputada Luz Doporto asistiu esta mañá no Liceo ao acto conmemorativo do 40 aniversario de Alcer
Ourense, 17 de setembro de 2022.- A deputada Luz Doporto asistiu esta mañá no Liceo aos actos conmemorativos polo 40 aniversario da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril (Alcer) de Ourense. A deputada remarcou as "vías de colaboración" abertas entre o goberno provincial e unha "asociación que é fundamental na sociedade ourensá".