A Deputación colabora na celebración da cuarta edición do encontro Palillando entre Barrios
Ourense, 22 de outubro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá no Centro Cívico As Termas, en Ourense, á cuarta edición do Palillando entre Barrios. Este encontro de convivencia entre asociacións veciñais arredor do encaixe de bolillos conta coa colaboración da Deputación.