Rosendo Fernández asistiu á entrega do premio "A Fonte Limpa" ao Museo do Médico Rural
Ourense, 22 de outubro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde en Maceda á entrega do galardón de Asomega "A Fonte Limpa" ao Museo do Médico Rural. Ademais, a iniciativa creada por José Manuel Lage presentou a constitución da súa fundación.
Ao acto desta tarde asistiron, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o delegado da Xunta, Gabriel Alén, o alcalde de Maceda, Rubén Quintas ou o presidente de Asomega, Julio Ancochea.