O vicepresidente César Fernández asistiu á entrega do Premio Pyme del Año 2022 en Ourense
Ourense, 2 de novembro de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asistiu esta tarde ao acto de entrega do Premio Pyme del Año 2022 en Ourense, convocados polo Banco Santander para recoñecer o "desempeño das pequenas e medianas empresas que contribúan á xeración de riqueza e creación de emprego na provincia".