O presidente da Deputación destaca na premiere de "13 exorcismos" os froitos da aposta polo audiovisual

Compartir

Ourense, 3 de novembro de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asistiu esta tarde no Teatro Principal á premiere de "13 exorcismos", película gravada en Ourense co patrocinio do goberno provincial. Á premiere asistiron, entre outros, o equipo técnico e artístico da película, ademais de profesionais da industria audiovisual galega, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o director de Agadic, Jacobo Sutil, o delegado da Xunta, Gabriel Alén, deputados e parlamentarios autonómicos.  

Na súa intervención previa á proxeción da película, Manuel Baltar resaltou os froitos da aposta da Deputación de Ourense polo audiovisual, apoiado en ferramentas como a Alta Velocidade. Un contexto tamén destacado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que valorou o impulso implementado pola Xunta e a Deputación neste sector e as repercusións sobre o territorio. Pola súa banda, o director da película, Jacobo Martínez, e o produtor Ramón Campos valoraron a importancia da alianza público-privada para seguir avanzando na consolidación de Ourense e Galicia como centro audiovisual.