Amencer celebra un pleno infantil na Deputación
Ourense, 5 de novembro de 2022.- A Asociación Xuvenil Amencer visitou esta mañá o Pazo Provincial, onde un grupo de escolares e monitores, celebraron un pleno infantil logo de escoitar as explicacións que o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, ofreceulles sobre o funcionamento da administración provincial como institución fundamental para o desenvolvemento de Ourense e a prestación de servizos e cooperación cos concellos.