Rosendo Fernández participou na entrega de medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia
Ourense, 5 de novembre de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá na Estrada ao acto de entrega de medallas ao mérito e distintivos de permanencia na Protección Civil de Galicia. O acto celebrouse na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), e estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.