O vicepresidente Rosendo Fernández asiste en Riós á celebración da Festa da Castaña e o Cogumelo

Compartir

Ourense, 6 de novembro.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá en Riós á celebración da XXVII edición da Festa da Castaña e o Cogumelo, evento que conta coa colaboración da Deputación a través do Inorde. 

Rosendo Fernández estivo acompañado, entre outros, polo conselleiro de Medio Rural, José González; a alcaldesa de Riós, Eva Barrio; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; a xerente do Inorde, Emma González; e rexedores de diferentes puntos da provincia.