Rosendo Fernández participou na inauguración de Xantar

Compartir

Ourense, 9 de novembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou esta mañá en Expourense na inauguración da 23º edición de Xantar, a única feira internacional de turismo gastronómico de España, que se celebrará ata o domingo 13 de novembro centrada na promoción da gastronomía dos distintos Camiños de Santiago.

Xantar conta co apoio da Deputación de Ourense e inclúe o restaurante do Inorde, "escaparate que nos brinda Xantar para volver a promocionar la calidad agroalimentaria de la provincia con nuestra marca 'Ourense Enogastronómica", segundo resaltou o vicepresidente primeiro nunha inauguración que estivo presidida polo vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Diego Calvo, e que tamén contou coas intervencións, entre outros, do delegado da Xunta, Gabriel Alén.