O presidente da Deputación asistiu á primeira xornada de Xantar
Ourense, 9 de novembro de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asistiu hoxe á primeira xornada da 23ª edición de Xantar, a única feira internacional de turismo gastronómico de España e que se celebra en Expourense ata o domingo 13 de novembro co apoio do goberno provincial.
Manuel Baltar recorreu varios puntos de interese da feira de turismo gastronómico, que conta cun restaurante propio do Inorde, nunha xornada inaugural que estivo presidida polo vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Diego Calvo, e que contou coa presenza, entre outros, do delegado da Xunta, Gabriel Alén, alcaldes de toda a provincia, deputados, parlamentarios, representantes no Congreso e no Senado e o director-xerente de Expourense, Rogelio Martínez.