Rosendo Fernández participou na entrega das Insignias de Ouro da Federación de Asociacións de Veciños Limiar
Ourense, 9 de novembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde no Liceo á entrega das XIX Insignias de Ouro da Federación de Asociacións de Veciños Limiar. Fernández entregoulle a Insignia de Ourense ao xornalista Pepe González, premiado este ano polo coletivo veciñal no apartado individual. Protección Civil de Ourense recibiu a Insignia de Ouro no apartado colectivo.