Manuel Baltar recalca a aposta polo territorio, a xestión e a cultura no Foro La Región "O liderado de Ourense"

Compartir

Ourense, 15 de novembro de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, protagonizou esta mañá en Ourense o Foro La Región "O liderado de Ourense".

Manuel Baltar, que contou coa presentación do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, abordou na súa intervención as liñas maestras da súa acción de goberno. Entre outros eixos estrátexicos, detallou a visión provincial; a xestión diaria, a transparencia e o bo goberno; o traballo en rede e a aposta por proxectos que xa son realidades dinamizadoras do territorio, como o termalismo, o sector audiovisual, o Centro de Innovación da Formación Profesional "Eduardo Barreiros"ou o ecosistema deportivo. Ademais, o presidente do goberno provincial recalcou a importancia da cultura e a identidade ourensá, repasando tamén novas iniciativas estratéxicas como o Gran Hotel Balneario Auria, o proxecto AquaOU ou a recuperación da Cámara de Comercio. 

O Foro La Región "O liderado de Ourense" reuniu no restaurante A Carballeira, en Santa Cruz de Arrabaldo, a unha amplísima representación da sociedade galega e ourensá, como a presidenta executiva de Adolfo Domínguez, Adriana Domínguez; o presidente de Copasa, José Luis Suárez; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; e representantes políticos como o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o conselleiro de Medio Rural, José González; a conselleira de Emprego, María José Lorenzana; o  alcaldes de toda a provincia, deputados e parlamentarios.