A deputada Patricia Torres participou na entrega dos Premios ao Desenvolvemento Rural
Ourense, 18 de novembro de 2022.- A deputada Patricia Torres participou esta mañá no Pazo da Almuzara, en Boborás, no acto de entrega da XIII edición dos Premios ao Desenvolvemento Rural, concedidos pola Xunta a sete proxectos subvencionados por Agader entre os 59 financiados en Galicia.