O vicepresidente César Fernández participou na entrega dos Premios Paraugas

Compartir

Ourense, 18 de novembro de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta tarde en Expourense na entrega de premios da VII edición dos Premios Paraugas, concedidos polo Clúster da Comunicación de Galicia. O acto, no que foron premiados unha vintena de proxectos, tamén contou coa presenza do delegado da Xunta, Gabriel Alén, a xerente do Inorde, Emma González, ou o director de Expourense, Rogelio Martínez.