Rosendo Fernández asistiu á presentación na Casa de Galicia do Xeodestino Ribeiro - Carballiño
Ourense, 22 de novembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá na Casa de Galicia, en Madrid, á presentación do Xeodestino Ribeiro - Carballiño a xornalistas especializados en gastronomía e turismo.
A este acto asistiron, entre outros, os alcaldes de Ribadavia, Noelia Rodríguez; Leiro, Francisco José Fernández; ou Boborás, Patricia Torres; ademais dos senadores Miguel Ángel Viso e Carmen Leyte.