O entorno do encoro de Cachamuíña acolleu unha demostración da app "VOUContigo"

Compartir

Ourense, 25 de novembro de 2022.- Con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Deputación organizou esta tarde unha andaina na contorna do encoro de Cachamuíña durante a que se realizou unha demostración do funcionamento da aplicación "VOUContigo", que contou coa presenza da deputada Luz Doporto e o director da Área de Transparencia, Fernando Suárez.

Unha iniciativa pioneira no ámbito público deseñada para xerar confianza nos desprazamentos de toda a poboación, pero con especial atención a nenas e adolescentes, de tal xeito que poidan comunicar os seus percorridos a grupos de confianza, ademais dun sistema de alerta ou "Botón do pánico" ante situacións de risco.