Luz Doporto asistiu á entrega do Premio Pedra Alta

Compartir

Ourense, 26 de novembro  de 2022.- A deputada Luz Doporto participou esta mañá en Vilar de Santos na entrega do Premio Pedra Alta, outorgado polo Padroado do Museo Etnolóxico da Limia a aquelas persoas ou entidades que contribúen ao desenvolvemento da comarca.

Nesta edición, a xunta directiva do Padroado do Museo Etnolóxico da Limia -entidade que conta co apoio da Deputación de Ourense- quixo recoñecer á sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural,  polo seu traballo de recuperación do medio natural. O premio foi entregado no salón multiusos da Casa do Concello de Vilar de Santos.