Rosendo Fernández participa na Festa da Pisa da Castaña

Compartir

Ourense, 26 de novembro.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá en Pardeus (Parada de Sil) á celebración da IX edición da Festa da Pisa da Castaña. Esta festa, organizada polo Concello, busca poñer en valor este tradicional xeito de conservación da castaña, e abarca unha programación con xantar popular e feira de produtos locais.