Rosendo Fernández participou no acto de apertura do curso académico 2022-2023 da UNED Ourense

Compartir

Ourense, 28 de novembro de 2022.- Rosendo Fernández, vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, participou esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel no acto de apertura do curso académico da UNED Ourense 2022-2023.

O acto tamén contou coaa presenza do vicerreitor adxunto de Centros Asociados da UNED, Íñigo Tejera; o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; o director da UNED Ourense, Jesús Manuel García; e a secretaria de UNED Ourense, María Concepción Álvarez Gómez. Todos eles membros do Consorcio Universitario do Centro Asociado á UNED en Ourense.

Cunha especial énfase nos alumnos graduados no curso anterior, no acto deuse conta da memoria do curso anterior e realizouse a entrega de diplomas aos estudantes que remataron os seus graos. Ademais, o Colexio de Economistas de Ourense premiou a Jesús Santiago Teira por ser o mellor expediente do curso no Grao de Turismo. A continuación, a doutora Elena de Prada deu a lección inaugural, titulada "Actores e espectadores nun mundo globalizado: la interculturalidade a escena".

Finalmente, tralo discurso de dúas representantes do alumnado graduado da UNED,  o vicerreitor inaugurou o curso académico 2022-2023 e a Capela Madrigalista realizou un concerto de música coral.