Luz Doporto participou en "Quilos x alimentos", inicio simbólico da 36ª Operación Quilo de Amencer

Compartir

Ourense, 1 de decembro de 2022.- A deputada Luz Doporto participou esta mañá no Colexio Salesianos de Ourense na actividade "Quilos x alimentos", realizada pola Asociación Xuvenil Amencer e que se enmarca na 36ª Operación Quilo.

A Operación Quilo é unha campaña de recollida de alimentos, xoguetes e roupa para as familias necesitadas de Ourense durante o Nadal. A Asociación Xuvenil Amencer, interesada na participación de representantes institucionais e de distintas empresas e colectivos, realiza a campaña "Quilos x alimentos" que consiste en que a persoa doe o seu peso corporal en quilos ou en cartos destinados á compra dos alimentos. Coa participación destes persoeiros recoñecidos búscase promocionar esta operación solidaria entre a cidadanía.