Alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo visitou o Parque da Igualdade

Compartir

Ourense, 2 de decembro de 2022.- Alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia visitou esta mañá en Pereiro de Aguiar o Parque da Igualdade, na contorna do encoro de Cachamuíña, acompañado por mestres e a deputada Luz Doporto. Esta actividade está enmarcada na campaña de visitas guiadas organizadas pola Deputación de Ourense co gallo do 25 de novembro, o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.