Rosendo Fernández asistiu á gala central do Festival Internacional Rebulir
Ourense, 17 de decembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde en Ramirás á gala central da décimo sétima edición do Festival Internacional Rebulir, un evento que conta co patrocinio do goberno provincial.
O polideportivo do Picouto acolleu unha gala que contou coa presenza de medio millar de persoas e na que participaron o grupo Coros y Danzas de Huéscar, de Andalucía; Inanga Rapa Nui, de Chile; Zes Pereiras, de Portugal; e Ritmos y costumbres, de Perú. Xosé Méndez Ferrín, Celso Fernández Sanmartín e Fuxan os Ventos foron os galardoados dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2022.