Rosendo Fernández asistiu á toma de posesión do novo subdelegado de Defensa, Jesús Antonio Peñas Preckler
Ourense, 20 de decembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá á toma de posesión do coronel do Ejército de Tierra Jesús Antonio Peñas como novo subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas Preckler, que substitúe a Gustavo Doncel.
O acto, presidido polo subdirector xeral de Administración Periférica Coronel do Cuerpo General do Ejército de Tierra, Jesús Ángel García, contou coa asistencia do subdelegado do Gobierno, Emilio González Afonso; o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; ou o delegado da Xunta, Gabriel Alén.