Rosendo Fernández acompañou á conselleira de Infraestruturas na supervisión das obras das sendas peonís no Pereiro, San Cibrao e Paderne
Ourense, 23 de xaneiro de 2023.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, acompañou esta mañá á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, na súa visita ás obras das sendas de A Medorra e Paiseo, que transcorrerán pola marxe esquerda da OU-101 a través dos concellos de San Cibrao das Viñas, O Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz. A visita tamén contou coa presenza do delegado da Xunta, Gabriel Alén, e alcaldes e representantes municipais dos concellos implicados.
Esta actuación da Xunta de Galicia ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria dos veciños, sumando en total 2,8 km de sendas e cunha inversión dun millón de euros. Neste proxecto tamén se inclúen traballos de sinalización, instalación de alumeado público e a renovación das paradas de autobús con tres novas marquesiñas.