César Fernández participa na visita aos establecementos ourensáns que recibiron as axudas da Xunta para autónomos
24 de xaneiro de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación e responsable de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández, participou esta mañá na visita que realizou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María José Lorenzana, a establecementos comerciais da cidade que se beneficiaron das axudas habilitadas polo Goberno galego para autónomos.