Rosendo Fernández acompañou á conselleira de Política Social na visita ás instalacións de Juan Soñador

Compartir

Ourense, 26 de xaneiro de 2023.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, acompañou esta mañá en Ourense á conselleira de Política Social, Fabiola García, e ao delegado da Xunta, Gabriel Alén, na súa visita ás instalacións de Juan Soñador. Esta asociación é unha das beneficiarias da convocatoria de axudas con cargo ao recadro social do IRPF, que distribúe en Galicia 19,1 millóns de euros entre 132 entidades que traballan coa atención a persoas vulnerables.