Rosendo Fernández participou na entrega de premios do Campionato de España de Hockey Sala, disputado no Paco Paz coa colaboración da Deputación
Ourense, 12 de febreiro de 2023.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá no Paco Paz na entrega de premios da Final a 4 do Campionato Absoluto de España de Hóckey sala, nas categorías masculina e feminina, que reuniu na capital a máis de 200 persoas entre deportistas e técnicos nunha competición que contou co apoio do goberno provincial. O SanSe Complutense gañou na categoría masculina e feminina.