César Fernández acudiu á entrega da primeira edición do Premio Etelvino Blanco

Compartir

Ourense, 14 de febreiro de 2023.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta tarde a entrega do Premio Etelvino Blanco, un recoñecemento organizado pola CIG e que conta coa colaboración da Deputación. En representación da institución provincial acudiu o vicepresidente segundo, César Fernández.

Este premio ten por obxectivo distinguir anualmente a persoas ou colectivos que destaquen na reivindicación cívico-sindical. Ademais, tamén constitúe unha homenaxe a Etelvino Blanco (1955-2019), líder deste sindicato durante máis de dúas décadas. A data escollida para a celebración deste premio, o 14 de febreiro, coincide co aniversario da folga xeral de 1984.