Rosendo Fernández participou na entrega de premios da etapa ourensá de O Gran Camiño
Ourense, 25 de febreiro de 2023.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou hoxe no corte da cinta da saída e a posterior entrega de premios da terceira etapa de O Gran Camiño, tirada que contou co apoio do goberno provincial. A etapa saíu de Esgos e chegou a Rubiá, en Monte Castelo.