O vicepresidente Rosendo Fernández visitou a carpa de Alcer no Día Internacional do Ril
Ourense, 9 de marzo de 2023.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, visitou esta mañá na rúa do Paseo, en Ourense, a carpa da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril (Alcer), no marco do Día Internacional do Ril. O vicepresidente sinalou a importancia do traballo desta asociación, coa que o goberno provincial mantén unha liña aberta de colaboración.